Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 17 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta supervisa os terreos que cederá o Concello para vivendas de promoción pública

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e a rexedora municipal visitaron hoxe a parcela de San Eleuterio onde está proxectada a futura promoción

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, supervisou esta mañá o estado e situación dos terreos que o Concello de Mos ten previsto ceder á Xunta para que constrúa vivendas de promoción pública (VPP) destinadas a atender a demanda residencial do municipio.

 

Acompañado pola rexedora, Nidia Arévalo, o director do IGVS desprazouse ata San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, onde está localizada a parcela de 2.000 metros cadrados na que se proxecta a futura promoción e que forma parte dun terreo cun total de 6.000 metros cadrados, que tamén é de titularidade municipal na súa integridade.

 

Tal e como subliñou García, técnicos municipais e do IGVS mantiveron diversas reunións nos últimos meses, no marco da mesa de traballo impulsada entre Xunta e Concello, para analizar as necesidades de vivenda protexida no municipio e impulsar de forma coordinada un proxecto para construír novas VPP.

 

 

 

 

Trátase dunha parcela de 2.000 m2 na que o IGVS se compromete a impulsar novas VPP destinadas aos veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de vivenda

 

 

 

 

Neste sentido, cómpre subliñar que San Eleuterio é a zona seleccionada polo Executivo local para desenvolver de xeito máis inminente o parque de vivenda pública do municipio. De feito, a alcaldesa lembrou que a Xunta de Goberno local xa aprobou a cesión do referido solar e está previsto que se eleve ao pleno no mes de decembro.

 

Unha vez que dispoña da parcela referida, o IGVS encargarase de contratar a redacción do proxecto de construción, no que se definirán tanto o número como as características das futuras vivendas protexidas.

 

De forma paralela aos contactos co IGVS, o Concello de Mos abriu o pasado 1 de xuño unha listaxe municipal de demandantes de VPP co fin de tramitar a inscrición de todos os veciños interesados no rexistro único de vivenda protexida de Galicia, requisito imprescindible para acceder a este tipo de inmobles en compra ou en alugueiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.