Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A Xunta premia o talento do gondomareño Juan Rodríguez Bas

En segundo lugar quedou Mirian Opazo Ojea, de Xinzo de Limia, mentres o terceiro galardón foi para a viguesa Rocío Campoy Lage

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a semana pasada no Centro Galego de Artes da Imaxe á fase final da especialidade de Videocreación do certame Xuventude Crea 2022, que pon en valor a creatividade da xuventude galega en distintos ámbitos artísticos. O gañador desta edición foi Juan Rodríguez Bas, de Gondomar, polo proxecto Corpo, Espazo, Tempo.

 

En segundo lugar quedou Mirian Opazo Ojea, de Xinzo de Limia, por Retratos do silencio. E en terceira posición quedou a viguesa Rocío Campoy Lage, por Emocións en espiral.

 

Os gañadores recibirán unha gratificación repartida de 3000 euros; 1500 os segundos clasificados e 1000 os que quedaron en terceira posición. En total, chegaron a esta fase final nove mozos e mozas que presentaron as súas obras ao xurado.

 

Máis de 4000 participantes

Máis de 4000 mozas e mozos de entre 16 e 30 anos participaron nas trece edicións que se levan celebradas do Xuventude Crea, que acumula preto de 3000 proxectos creativos e obras presentadas. Na edición deste ano 2022 participan un total de 350 artistas con 280 obras que, de novo, contarán con apoio por parte da Xunta de Galicia para dar a coñecer as súas creacións. Todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado: www.museoxuventudecrea.gal

 

As disciplinas que se premian nesta edición son: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura). Cómpre destacar, como novidade neste 2022, o cambio de nome de graffiti a arte urbana para dar cabida ás diferentes expresións neste ámbito, así como a inclusión da modalidade de música clásica dentro de música.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.