Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Victoria Alonso afirma "non ter" a documentación dos presupostos

A voceira socialista, Victoria Alonso, asegura que "durante a pasada semana, o Concello de Mos afirmou ter perfilados os seus orzamentos de cara o ano 2023. Previsións que deben trasladar aos partidos da oposición, para levalos a unha comisión e posteriormente ao pleno". Feito que "non se produciu" e que denuncian dende a bancada socialista.

 

"Nos pasados días, a prensa facíase eco dunha noticia do concello no que anunciaban ter os orzamentos e habelos entregado aos grupos da oposición, cousa que non se chegou a producir" xa que os socialistas afirman "non ter recibido tal información". O mesmo tempo que volven tachar este feito, como "outra mostra da facilidade que ten a actual alcaldesa para enganar e ocultar a verdade".

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, incide no feito de que "terán que recibir a documentación no tempo que estipula a lei e repróchalle a alcaldesa que diga o que non é". Alonso afirma que "a falta de transparencia e información, é habitual na xestión do PP e que levan anos denunciando". Tamén aclara que non vai "permitir que se diga na prensa que xa recibiron a documentación cando, días despois das afirmacións, seguen sen tela".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.