Mos
Alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso solicita á alcaldesa un día "de apagón tecnolóxico"
A cativada propón o 23 de decembro, primeiro día das vacacións de Nadal, como a data elixida para apagar móbiles, tablets, ordenadores, televisores e consolas e dedicarlle máis tempo aos xogos e conversas con familia e amigos
Dende a Alcaldía e a concellería de Educación propúxose, como conmemoración da Convención dos Dereitos do Neno, que ten lugar o 20 de novembro, a realización dun Pleno Infantil, onde darlle voz a infancia como axentes participativos da nosa sociedade.
Durante a sesión plenaria desta mañá o alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso solicitou á alcaldesa decretar un día de apagón tecnolóxico para fomentar as relación interpersoais.
A cativada prouxo o 23 de decembro, primeiro día das vacacións de Nadal, como a data elixida para apagar móbiles, tablets, ordenadores, televisores e consolas e dedicarlle máis tempo aos xogos e conversas con familia e amigos.
Os obxectivos desta iniciativa son dar a coñecer ao alumnado mosense as dependencias e o funcionamento das sesións plenarias do Concello de Mos, a celebración do Día da Infancia e a conmemoración do aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, dar voz á infancia como axentes participativos da nosa sociedade., que os participantes podan aprender de forma diferente, potenciando a argumentación e o razoamento, ademáis de observar e coñecer aspectos básicos de conversación e razoamento: diálogo, debate, organización dos puntos a tratar no Pleno, así como a traballar cooperativamente co alumnado doutros centros educativos do Concello de Mos, fortalecer o pensamento lóxico e motivar aos alumnos a través dunha experiencia real e práctica.
Participou neste Pleno alumnado de 5º de educación primaria dos centros educativos do Concello de Mos: CEIPs de Petelos, Mestre Martínez Alonso e Atín-Cela. Os CEIP de Pena de Francia e Mestre Valverde Mayo participaron con 6º de Primaria.
Cada centro educativo elixiu a 2 representantes que actuaron como voceiros do seu centro.
O tema debatido no Pleno foi o Día da Infancia: Dereitos dos/as nenos/as e A Convención sobre os dereitos do nenos é un tratado internacional que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de Novembro de 1989, e ratificado por España o 30 de Novembro de 1990, tras a entrada en vigor do tratado o 2 de setembro de 1990.
O 20 de novembro celébrase, en conmemoración da aprobación do tratado, o Día Mundial da infancia, co obxectivo de recordarlle a cidadanía que os nenos e as nenas son suxeitos activos na sociedade, con dereitos de pleno como os adultos.
Os docentes dos 5 centros educativos traballaron previamente o tema co alumnado nas respectivas aulas, antes da sesión plenaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149