TOMIÑO
Os veciños de Goián á espera dun local para o consultorio
Os veciños da parroquia seguen á espera dun espazo que reúna as condicións necesarias para uso como centro sanitario.
"Xa pasou moito tempo dende que este servizo se deixou de prestar na zona e urxe a súa reposición" sinalan dende o PP local.
Desde a xerencia do SERGAS xa deron as indicacións necesarias para a reapertura correspondente hai semanas, pero aínda está pendente a resposta por parte da alcaldesa de Tomiño.
"Este asunto debería ser unha prioridade para o goberno municipal, o cal adoita demorarse en exceso á hora de resolver os problemas realmente importantes, actuando de forma irresponsable e botando balóns fora" sinalan os populares nun comunicado feito público esta semana.
"Durante todo este tempo, o BNG de Tomiño dirixido por Sandra González instou ao goberno autonómico para achegar unha solución a sabendas da complexidade e o tempo que iso supón, namentres non se dignaron en avanzar a súa parte correspondente coa procura dunha instalación adecuada" engaden.
Para o Partido Popular "o resultado era de esperar: as autoridades sanitarias e a Xunta xa completaron o seu traballo mentres que ao goberno municipal temos que esixirlle que se poña mans a obra cunha cuestión que xa deberían ter resolto fai meses, co prexuízo que iso supón para todos os veciños".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163