Galicia
ASOCIM reivindica a implicación das traballadoras dos CIM na erradicación da violencia de xénero
A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller (ASOCIM) vén de recoller un dos premios Meninas 2022, concedidos pola Delegación do Goberno en Galicia. Un galardón co que se recoñece o traballo das e dos profesionais dos Centros de Información á Muller (CIM) na loita activa pola igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e o labor que desenvolve esta asociación na reivindicación e defensa dos centros e do seu persoal contribuíndo “a que a cidadanía coñeza o seu traballo e aumente a súa sensibilidade cara as cuestións de igualdade e de prevención da violencia machista".
“Ás profesionais dos CIM que traballan de forma calada e discreta día a día para mellorar a situación das vítimas e de todas aquelas mulleres vulnerables; por todas as compañeiras que creron necesaria a fundación dunha asociación profesional para defender os nosos dereitos, que redundan no beneficio das mulleres; a todas as vítimas porque para elas traballamos, é a nosa razón de ser”, dicía Montserrat González, presidenta de ASOCIM, encargada de recoller o galardón no acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Un premio que para esta entidade supón un impulso “para continuar pelexando na primeira liña polo que é xusto: a igualdade entre homes e mulleres” e “buscar un mellor presente e futuro para o noso colectivo”.
Esta asociación profesional, nada a finais do 2015, representa a máis de medio centenar de Centros de Información á Muller galegos e traballa desde a súa fundación por visibilizar e poñer en valor o traballo das/os profesionais dos CIM, incidindo na necesidade de reforzar os centros con recursos humanos e materiais.
Aproveitando este acto e a vésperas do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ASOCIM reivindica a implicación e traballo das profesionais dos CIM galegos na erradicación da violencia de xénero desde a formación especializada en igualdade.
No que levamos de ano, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no noso país ascende a 38, a 1.168 desde 2003, e o dos menores a 2, 48 desde o ano 2013, cando se comezaron a contabilizar. Os CIM son centros de referencia para a atención especializada das mulleres vítimas da violencia machista, garantir a calidade do servizo con suficientes medios persoais e materiais é fundamental.
A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller no seu manifesto deste 25N tamén pon o foco no aumento das violencias machistas entre os máis novos. A hipersexualización do corpo feminino, a cultura da violación, a pornografía ou o mito do amor romántico sumados á utilización das redes sociais e de internet para a súa divulgación contribúe a crear relacións de violencia a idades cada vez máis temperás. O último informe sobre a violencia de xénero e doméstica do Instituto Nacional de Estatística confírmanos que é entre as mulleres menores de 18 anos onde se deu o maior aumento no número de vítimas. “Educar na igualdade segue sendo na actualidade a mellor e máis eficaz ferramenta para a súa prevención e erradicación”, asegura María Jesús Lourido, vicepresidenta de ASOCIM, ao tempo que pide reflexionar sobre esta problemática e aplicarse no deseño de estratexias efectivas para afrontala.
A asociación reclama tamén neste 25N unha actuación conxunta e coordinada fronte á violencia de xénero. “Nun momento de crise e incerteza como o actual hai que loitar por manter os avances conseguidos en igualdade. A defensa dos dereitos das vítimas non se pode permitir falta de técnica xurídica nas reformas lexislativas nestas materias e non contar cos operadores xurídicos e os profesionais dos ámbitos que se pretenden regular. Situacións como as producidas por mor da entrada en vigor da Lei estatal do 'si é si', advertidas na fase de elaboración da lei e non atendidas son preocupantes”, apuntan desde a entidade. No ámbito xurídico galego, ASOCIM lamenta a falta de comunicación a esta asociación do proxecto da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia nun asunto que afecta de cheo aos Centros de Información á Muller e para a cal non se contou coa opinión experta e necesaria desta asociación. Unha lei como esta, que vincula a todos os ámbitos da igualdade na comunidade, debe abordar con detemento aos CIM como centros de referencia de ámbito público que son nesta materia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191