IGUALDAD
Lorenzana sinala que a Axenda Galega de Capacidades para o emprego impulsará a retención do talento
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou hoxe en Santiago de Compostela na inauguración do Foro Talentia Summit ‘22
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe en Santiago de Compostela -na inauguración do Foro Talentia Summit ’22- que a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego da Xunta supón “un impulso pioneiro e sen precedentes” na cualificación das galegas e galegos que permitirá a retención e captación do talento en Galicia.
En palabras de Lorenzana, o documento é “un gran pacto polas capacidades” que se puxo en marcha a través da colaboración público privada para crear e manter unha contorna de aprendizaxe permanente na que actualizar as competencias profesionais das persoas traballadoras en función das novas tendencias e necesidades do mercado laboral.
O obxectivo da Axenda é dotar aos traballadores e traballadoras de formación, recursos e ferramentas que os preparen para os cambios que están acontecendo no mercado de traballo e dotar ás empresas dun capital humano comprometido e satisfeito coa organización da que forma parte.
No marco desta planificación, a Xunta destinará en 2023 máis de 104 millóns de euros no novo Plan galego de formación para o emprego con accións específicas para as persoas traballadoras ocupadas e para as que se atopan en situación de desemprego. O Plan, entre outros programas, inclúe as novas convocatorias das Unidades Formativas na Empresa, unha iniciativa que estará dotada o vindeiro ano con 5,7 millóns para financiar o 100% da formación das e dos participantes, permitindo atender as demandas reais do tecido produtivo galego.
Avogou pola flexibilidade, a conciliación e os modelos híbridos, como valores engadidos para as novas xeracións, co fin de atraer e reter talento en Galicia
A conselleira, ademais de poñer en valor a formación na súa intervención, destacou que as políticas activas de emprego que está a desenvolver a Xunta tamén están focalizadas a mellorar o emparellamento entre a oferta de empregos e a demanda de traballadores. Ao respecto, lembrou que o Goberno galego está a desenvolver “unha ambiciosa estratexia” de renovación integral do Servizo de Emprego de Galicia mediante unha nova ferramenta tecnolóxica que emprega big data, business intelligent e intelixencia artificial, sincronizando información en tempo real. Para levar a cabo esta modernización estase a implicar ao tecido empresarial para que envorquen as súas vacantes de emprego no sistema de intermediación autonómico.
Lorenzana, así mesmo, avogou para atraer e reter o talento en Galicia pola flexibilidade, a conciliación e os modelos híbridos, como valores engadidos para as novas xeracións.
Tanto o impulso á formación como a modernización do Servizo de Emprego de Galicia forman parte de Xempre Contigo, a nova Estratexia de emprego da Xunta coa que, en palabras da conselleira, se aposta por “un mercado laboral máis interconectado, formado, accesible e dinámico, artellado en base á colaboración entre administración pública e entidades privadas para a mellora das capacidades dos equipos humanos e do benestar laboral”. Para rematar, Lorenzana salientou que o reto último é acadar unha empresa do futuro que, tal e como especificou, será aquela que “consiga situar ás persoas no centro das súas estratexias”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191