VIGO
Vigo acolle unha sesión informativa sobre oportunidades laborais no sector do mar
O encontro será o 30 de novembro no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
O mércores 30 de novembro terá lugar en Vigo unha sesión informativa sobre oportunidades laborais no sector do mar, organizada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda.
A actividade diríxese a persoas desempregadas maiores de 18 anos empadroadas nos concellos da área do grupo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
No encontro darase a coñecer todo o potencial do sector do mar para crear emprego, os diversos oficios que abrangue (pesca, marisqueo, acuicultura), as titulacións e centros de formación que resultan de interese, así como recursos para a busca activa de emprego.
A sesión será ás 11:30 da mañá no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED - 5° planta, aula 5.6).
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar nos teléfonos 986 358 109 ou 646 873 106 ou no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163