Lunes, 29 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 25 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
BAIONA

Conmemoración do 25N en Baiona

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro,Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller organizaron un acto conmemorativo “para seguir sensibilizando e concienciando á sociedade baionesa sobre este problema social tan grave”, destacou a concelleira de lgualdad, Yasmina Moreira Costas.

 

As actividades por o 25- N, tiveron hoxe como protagonistas ás Rochas Violetas, o comando de igualdade do I.E.S. Primerio de Marzo de Baiona. O  Auditorio Municipal V Centenario de Concello de Baiona foi escenario esta mañá do acto institicional.


Durante o acto levouse a a cabo a lectura dun manifesto contra a violencia machista,e un minuto de silencio, a lectura correu a cargo do Primeiro Tenente de Alcalde, Óscar Martínez Álvarez.


A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que as veces se toleran ou xustifican”.

 

A continuación, as Rochas Violetas presentaron o seu proxecto levado a cabo xunto coa productora audiovisual CRU. O proxercto e o resultado do obradoiro de educación medíatica levado a cabo durante dous meses  entre o alumnado do instituto baionés para sensibilizar e conciar sobre a problemática social da violencia de xénero.

 


Este ano dende a concellería quíxose levar o acto institucional do 25N  ata o alumnado dos instintitutos  aproveitanto o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada europea na loita contra a eliminación da violencia contra a muller.    Comezouse a mañá no I.E.S. Primeiro de Marzo dónde o alumnado baionés conectóuse coa Vila irmá de Pornic e tamén con Linz, pobo alemán irmandado con Pornic. A actividade consistiu no alumeado da escuridade con pantallas violetas. A acción realizada baixo o nome de “purplescreens” invitaba a sumarse a onda de cambio contra as violencias.


A Concelleira lembra que este acto forma parte parte dunha ampla programación de actividades deseñadas pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona e oCIM, o“ Novembro Lila”, un programa deseñado para dar visibilidade á violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que está a abarcar todo o mes de novembro e que conta cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.


O Concello de Baiona aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste 25N desde o Concello de Baiona lémbrase a importancia de seguir loitando para erradicar a violencia contra as mulleres. O noso compromiso contra esta violación dos dereitos humanos é total e absoluta.

 

Entre as persoas asistentes ao acto tamén acudiron membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas e o alumando do I.E.S Primerio de Marzo de Baiona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.