Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 01 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Centro de Interpretación do Tea, CITEA, retoma a súa actividade

Coa visita da Asociación Avelaíña, que gozou dun percorrido guiado pola exposición e dun obradoiro ambiental

O Centro de Interpretación do río Tea, CITEA, retomou a súa actividade cunha visita de usuarios e usuarias da asociación Avelaíña, que puideron gozar dun percorrido guiado pola exposición deste centro e dun obradoiro ambiental sobre a diversidade natural do Tea. Situado na casa cultural de Fozara, “con esta iniciativa dende o Concello poñemos en valor toda a riqueza medioambiental, patrimonial e etnográfica que temos nos arredores das beiras do río, ás veces grandes descoñecidas para a veciñanza”, como sinala a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.


O CITEA ofrece visitas guiadas a grupos concertados de público xeral e xa traballa para realizar actividades cos centros escolares ponteareáns no vindeiro 2023, como visitas á exposición, rutas guiadas e obradoiros de educación ambiental.

 

 

 

 

CITEA pon en valor a riqueza medioambiental, patrimonial e etnográfica dos arredores da beira do río

 

 

 


Neste centro o público visitante atopará paneis informativos sobre a flora e a fauna, así como información sobre a historia, usos e costumes vinculadas ao río Tea, diferentes vídeos temáticos e unha maqueta do curso do río Tea dende Suido ata a desembocadura na Fillaboa. No exterior das instalacións hai ademais un panel didáctico dixital de uso táctil para todas as persoas visitantes que se acheguen cando non estea aberto ao público.


Covelo anima a toda a veciñanza a concertar unha visita por grupos a estas instalacións para coñecer máis polo miúdo a biodiversidade tanto animal coma vexetal que alberga o río Tea, declarado Lugar de Interese Comunitario e incluído na Rede Natura 2000.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.