Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Martes, 29 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Tui dedica unha rúa do centro urbano aos Mártires de Sobredo

Onte, canto se cumprían 100 anos dos sucesos, tivo lugar o descubrimento da placa

A lembranza dos Mártires de Sobredo queda dende onte presente no rueiro de Tui coa rúa que levará o seu nome. Onte á tarde tiña lugar o acto de descubrimento da placa no vieiro situado entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia que pasa a denominarse rúaa Mártires de Sobredo.  Onte precisamente cumpríanse 100 anos dos sucesos nos que perderon a vida Cándida, Joaquín e Venancio. Onte os seus familiares eran os encargados de descubrir a placa da rúa acompañados polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e pola presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, Marga Romero.


Dous alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Severino e Manuel, interpretaron para abrir o acto a Muiñeira de Grelada, e coma peche o Himno Galego.  


Rafael Sánchez Bargiela, que conduciu o acto, deu lectura ao acordo plenario da corporación  municipal de Tui do pasado de setembro aprobando por unanimidade a a denominación desta rúa.


Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que "sempre teremos con eles unha débeda impagable de gratitude" engadindo que "eu creo que hoxe a institución local, o concello de Tui, no ámbito das súas competencias, empeza a reparar esa memoria". Sinalou amais que  "aínda recordando os sinsabores do pasado, temos que congratularnos de que a loita daquelas persoas tamén deu beneficios  e grazas a esa loita hoxe podemos vivir nun país e nunha sociedade moitísimo mellor que aquela naqueles momentos".


A presidenta do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo agradeceu a corporación o acordo e as intervencións no pleno. Lembrou coma en Tui tras os sucesos de Sobredo, hai cen anos, había un silencio sepulcral, cunha poboación chea de dor, trauma e abraio, dicía.  Na súa intervención Marga Romero engadiu que "o que podiamos é hoxe celebrar dalgunha maneira que os Mártires, e esa loita de unidade que eles representan, segue viva en nós, e agardamos que esa semente que ficou aí nos faga ser sempre más solidarios".


En nome dos familiares dos Mártires de Sobredo, Cándida, Venancio e Joaquín, tomaba a palabra Laura Fontán, bisneta de Cándida, quen agradeceu ao IEAMSO e ao concello de Tui "o seu labor para que non se esqueza a memoria dos nosos familiares, Joaquín, Venancio e Cándida, e de todas as persoas que loitaron en defensa dos seus veciños e polos seus dereitos". Engadía que o acto deste luns "súmase aos movementos que durante anos se veñen levando a cabo dende a reconstrución do monumento en 1986 até a declaración de recoñecemento do agrarismo galego neste 2022 no Parlamento Galego". Afirmou Laura Fontán que os feitos do 28 de novembro de 1922 en Sobredo "marcaron a historia de Tui e da sociedade labrega galega". Rematou agradecendo que os Mártires de Sobredo "a partir deste día volverán quedar legados no rueiro de Tui, grazas ao nomeamento desta rúa Mártires de Sobredo" .

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.