GALICIA
Preto de 190 voluntarios limparán nos próximos días 12 montes e sendas galegas
Esta nova acción de voluntariado enmárcase no proxecto Libera, impulsado a nivel nacional para concienciar sobre a basuraleza e reducir o lixo en espazos naturais
Preto de 190 persoas participarán ao longo dos próximos días nas 12 batidas de limpeza programadas por toda a Comunidade dentro da campaña 1m2 polo campo, os bosques e o monte, unha iniciativa impulsada a nivel nacional por SEO/BirdLife e Ecoembes no marco do proxecto Libera e que en Galicia conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Concretamente, as 12 batidas de limpeza previstas en Galicia levaranse a cabo en montes e sendas localizados nos municipios de Culleredo, Vilasantar, Ferrol, Padrón, Lugo, A Pontenova, Ourense, Poio, Tui, Mos e Vigo. A maioría delas están organizadas por asociacións e entidades privadas aínda que tamén as hai a iniciativa de particulares e centros educativos.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora desde o ano 2017 nesta iniciativa, que cada ano goza dun maior nivel de participación na Comunidade
No marco desta sexta edición da campaña, que comeza hoxe e rematará o vindeiro venres 11 de decembro, haberá un total de 398 puntos de recollida repartidos por campos, bosques e montes de todo o país e os organizadores contan con máis de 6.800 voluntarios. Galicia é unha das comunidades máis implicadas na tarefa de conservación dos espazos naturais e, de feito, o nivel de participación dos galegos nas actividades colaborativas que se organizan ao longo do ano para loitar contra a chamada basuraleza é cada vez maior.
Cómpre lembrar que a Xunta se sumou en 2017 por primeira vez ao proxecto Libera e desde entón vén apoiando as sucesivas campañas de limpeza que ao longo do ano se organizan en Galicia, como a que vai poñer o foco de atención sobre o coidado das contornas dos nosos montes e campos.
Estas accións de voluntariado enmárcanse no proxecto Libera, que naceu hai uns anos co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a presenza de lixo na natureza e chamala a mobilizarse fronte a este problema medioambiental.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148