Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 02 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aceesca reivindica no Porriño o dereito a traballar das persoas con diversidade

Centos de persoas participaron na “Andaina polos dereitos das persoas con diversidade” convocada por Aceesca para reivindicar o dereito das persoas con diversidade a traballar

Centos de persoas secundaron hoxe no Porriño a `Andaina polos dereitos das persoas con diversidade´ coa que Aceesca Porriño conmemora o Día Internacional das persoas con diversidade.


Nenos e nenas dos centros educativos do municipio, usuarios e usuarias do centro asistencial de Afaga Alzhéimer no Porriño e de EVD Galicia, ademais do alcalde e representantes do Goberno Municipal, sumáronse á súa reivindicación de este ano “O NOSO DEREITO A TRABALLAR”.


Tal e como expuxo a voceira do Grupo de Autoxestores “Os dez de Porriño” de Aceesca, só unha de cada cinco persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento ten un traballo. “Isto é moi grave”, indicaron, “Porque tras ese dato hai miles de persoas con diversidade e as súas familias. Ademais, as que teñen traballo o teñen en peores condicións, por exemplo, cobrando menos que as persoas sen discapacidade, accedemos a postos de traballo de máis baixa cualificación e temos menos oportunidades de mellorar ou cambiar de traballo”.


Reivindican que empresas e administracións públicas teñan en conta que poden necesitar máis apoios nos seus postos de emprego e se lles teña en conta nos plans de formación.


Un dos puntos importantes no que poñen o foco é na educación. “Debe ser inclusiva”, apuntaron. “Temos dereito a traballar e a que non nos poñan barreiras para conseguilo. E as nosas familias tamén, xa que moitas veces non poden facelo porque nos teñen que coidar, acompañar. E isto sobre todo afecta as mulleres” concluíron.


Os nenos e nenas dos colexios participantes sumáronse cos seus traballos e reivindicacións para facer deste un mundo máis xusto. O alcalde, Alejandro Lorenzo, pechou o acto reivindicando que “asegurar que se cumplan os dereitos das persoas con diversidade non só de xustiza, tamén é unha aposta de futuro, xa que todos e todas, cada un coas nosas circunstancias e realidade, somos membros activos de esta sociedade e remamos xuntos”, concluíu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.