MOS
Mos presenta coas súas rondallas a programación municipal de Nadal
O programa cultural abrirase o vindeiro domingo co acto de acendido do alumeado navideño en As Angustias (Sanguiñeda)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, presentaron nas Angustias xunto con representantes das 4 rondallas de Mos, a programación cultural deste Nadal 2022-2023 no municipio.
Estiveron presentes xunto coas representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, membros da Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán, Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso, Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville e Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia de Mos.
A programación de nadal do Concello de Mos comezará o vindeiro domingo 4 de decembro co acendido do alumeado dende as 11:00 h na rotonda das Angustias, Sanguiñeda con mercadiño de artesanía, animación infantil e de rúa e ás 18:00 h concerto de “A Banda da Balbina” co acendido do alumeado e fin de festa con chocolate con rosca para tod@s.
O sábado 10 de decembro haberá un espectáculo de maxia familiar con Cayetano Yedró, “Le Cirque” ás 18:00 h no Auditorio de Guizán.
O domingo 11 de decembro, concerto “O camiño das vieiras amarelas” a cargo de Antonio Barros & Ialma ás 18:30 h no Auditorio de Torroso.
O sábado 17 de decembro celebrarase o concerto de nadal ás 19:00 h de novo no Auditorio de Guizán.
Os días 10,11,17 e 18 de decembro, concerto de panxoliñas nas igrexas de Mos. O sábado 10 de decembro ás 19:00 h na Igrexa de Pereiras: Coral polifónica Ventos do Val. O domingo 11 de decembro ás 11:00 h na AVV de Dornelas o grupo Amieiro de Chan do Bosque, ás 11:00 h na Igrexa de Guizán o grupo de cámara da Escola de Música de Mos e ás 13:00 h en Louredo tamén o grupo de cámara da Escola de Música de Mos. O sábado 17 de decembro ás 18:00 h na Igrexa de Santa Baia de Mos estará o coro galego Abrente. O domingo 18 de decembro ás 10:00 h na Igrexa de Sanguiñeda a coral polifónica Santa Eulalia de Mos, ás 11:00 h na Igrexa de Cela o grupo de cámara de música de Torroso, ás 11:00 h na Igrexa de Torroso a coral O Son dos Cantares, ás 12:00 h na Igrexa de Tameiga o coro infantil Sete Estrelo, e ás 12:00 h na Igrexa de Petelos a coral polifónica Santa Eulalia de Mos.
O 18 de decembro será o Certame de rondallas ás 17:00 h na Avda. de Puxeiros, Tameiga, coa participación da asociación club rondalla Santiaguiño de Guizán, a rondalla de Pontellas (Porriño), a rondalla do círculo recreativo e cultural de Torroso, a rondalla Santa Eulalia de Atios (Porriño), a rondalla da asociación cultural e social de Herville e a rondalla do círculo cultural e deportivo Santa Baia de Mos.
O venres 30 de decembro chegará a ansiada festa prefindeano desde as 23:00 h no Pazo de Mos: ás 24.00h badaladas con uvas e cotillón coa orquestra El combo dominicano, dj Samu Pexe e dj Groove Amigos.
A tradicional cabalgata de Reis será o xoves 5 de xaneiro ás 17:00 h pola Avda. de Sanguiñeda.
O campamento de nadal para escolares será os días: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario: de 9:00 h a 14:30 h e con aula matinal de 8:00 a 9:00 h. Realizarase no CEIP de Petelos e o prazo de inscrición está aberto do 2 ao 15 de decembro.
O concurso de postais de Nadal terá como lugar de entrega a Biblioteca Municipal. As categorías son: categoría i: de 3 a 5 anos, categoría ii: de 6 a 8 anos, categoría iii: de 9 a 12 anos. Entrarán en concurso todas as postais entregadas ata o 23 de decembro de 2022 na Biblioteca Municipal en horario de luns a venres: de 10:00 h a 21:00 h. A exposición será do 26 de decembro ao 1 de xaneiro na biblioteca do Pazo de Mos. A entrega de premios será o 2 de xaneiro ás 12:00h coa visita do apalpador no auditorio do Multiusos.
Beléns
O belén de Herville (na Asociación Cultural) inaugurarase o 8 de decembro ás 18:30 ata o 16 de xaneiro. Horario de visita de luns a venres de 15:00 - 17:00h e de 19:00 - 23:30h, sábados de 15:00 - 23:00h, domingos de 11:30 - 13:30 e de 15:00 - 21:30h, noite boa, ano vello e víspera de reis de 15:00 - 21:00h, nadal e día de reis de 17:00 - 21:30h; horarios especiais para grupos no tlf: 638143080.
O belén do Pazo de Mos (punto solidario de recollida de alimentos) inaugurarase o 1 de decembro e estará aberto ao público ata o 7 de xaneiro. Horario de luns a venres de 17:00 h a 20:00 h; sábados, domingos e festivos: de 10:00 h a 14:00 h, 17:00 h a 20:00 h.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149