A GUARDA
A Xunta inviste medio millón de euros na Sangriña
Lete celebra que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos “equipos senlleiros da nosa comunidade”, precisaba unha resposta inmediata
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu onte á xornada de portas abertas da obra de renovación do pavillón municipal da Sangriña, unha actuación que conta cun orzamento de 1,87 millóns de euros (1.870.667,53 euros) dos que a Xunta achega un total de medio millóns de euros.
Lete Lasa celebrou que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, un dos “equipos senlleiros da nosa comunidade”, precisaba unha resposta inmediata. Neste sentido lembrou o apoio do Goberno galego ao equipo de balonmán feminino que “leva anos facendo historia no ámbito nacional e internacional” e que desde un primeiro momento reivindicou que precisaba “un pavillón axeitado á súa magnitude”.
Cómpre lembrar que a Secretaría Xeral para o Deporte asinou e executou ata tres convenios de colaboración co Concello da Guarda en 2021 para a realización de obras en instalacións deportivas, tendo como obxecto dous deles o pavillón da Sangriña. En total, a instalación dun tratamento térmico (95.925,77 euros) así como un video marcador (24.000 euros) para o devandito pavillón e a substitución do material de cuberta e pintado do exterior do club de remo Robaleira (29.383,49 euros), supuxeron un investimento de 150.000 euros (149.309,26 euros), sendo achegado pola Xunta o 81% (120.537,82 euros).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141