Jueves, 19 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O comercio local de Salceda participa no programa Da Túa Man

O comercio local de Salceda de Caselas beneficiado polas actuacións do programa Da Túa Man  posto en marcha, con fondos europeos a través da sinatura dun convenio entre o concello e a Deputación de Pontevedra.

 

Dito programa, solicitado pola concellería de Comercio, que dirixe a propia alcaldesa Verónica Tourón, conta cun orzamento de  93.139,87€, dos cales o concello de Salceda aporta 11.546,27€

 

As actuacións recollidas teñen como obxectivo fundamental  dinamizar o comercio local , na liña de potenciar as iniciativas que se veñen levando a cabo pola asociación de comerciantes ACISA e o concello. Introducindo cambios que provoquen a modernización, sustentabilidade e transformación dixital dos negocios comerciais locais, colocando a veciñanza como a verdadeira protagonista dese impulso comercial que se pretende acadar a través do programa.

 

O comercio local poderá transformarse dixitalmente coas actuacións de creación dun portal web único, campañas de comunicación, puntos de información e sensibilización sobre o tratamento de residuos, packing sostible e aplicacións que faciliten a oferta comercial

 

No tocante ao aspecto sostible, relacionado co fomento da economía circular no comercio local,  algunhas das actuacións iran encamilñadas a establecer sistemas de recollida  de pedidos de forma colaborativa, deseños de packaging reutilizable ou o subministro e instalación de illas ecolóxicas modulares para o depósito e tratamento de residuos.

 

As persoas propietarias e traballadoras dos comercios de Salceda tamén poderán adquirir formación que lles axude a coñecer e superar os retos da transformación dixital e como poden sacarlle o maior partido para o crecemento dos seus negocios.

 

Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de Comercio: “Resulta fundamental colaborar co comercio de proximidade para facilitarlle a adaptación aos novos retos da transformación, facendo da nosa vila un espazo comercial  de referencia na nosa comarca”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.