Nigrán
O parque comercial Nasas Nigrán prevé crear 350 postos de traballo
O presidente do Goberno galego participou a semana pasada na inauguración do parque comercial Nasas Nigrán, unha iniciativa que nace para promover o emprego e a economía no Val Miñor
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou o compromiso do Goberno galego co comercio ao destinar 24 millóns de euros nos orzamentos de 2023 ao impulso da innovación e a transformación dixital do sector, tal e como recordou hoxe no acto de inauguración do parque comercial Nasas Nigrán, unha iniciativa que nace para promover o emprego e a economía no Val Miñor.
Rueda salientou as axudas da Xunta aos consumidores para apoialos no contexto actual de crise económica con iniciativas como o Bono Comercio, que permitirá que máis de 166.000 cidadáns aforren ata 30 euros nos establecementos adheridos. A eses apoios súmanse os destinados ao propio comercio, que inclúen 8,5 millóns para transformación dixital e innovación, 12,8 millóns para a dinamización da actividade comercial ou 1,4 millóns para a creación dun centro loxístico (hub) de innovación comercial e artesanal.
O presidente da Xunta valorou a atractivo que supón para o Val Miñor a apertura do parque comercial Nasas Nigrán que, ao seu entender, suporá unha oportunidade para o emprego -prevé crear 350 postos de traballo directos e outros 150 indirectos- e un reclamo que atraerá visitantes á comarca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.2