BAIONA
O PSOEreivindica que “Baiona está de volta”
Durante as próximas semanas, os socialistas farán con esta campaña balance dun mandato municipal “moi positivo para a nosa vila, que é de novo unha referencia”
O PSOE de Baiona presentou esta semana a campaña ‘Baiona está de volta’, coa que farán durante as próximas semanas un balance do mandato municipal.
Para os socialistas de Baiona, “Baiona está de volta en moitos aspectos, e de feito foi o primeiro concello do Val Miñor en obter fondos Next Generation da UE”, dous millóns de euros para humanizar o entorno de Santa Liberata e impulsar o carril-bici, entre outras medidas.
“Estas axudas chegan porque Baiona conta agora con ferramentas como o Plan de Mobilidade, imprescindible para optar ás axudas de Europa”, asegura Carlos Gómez Prado, secretario xeral e de novo candidato do PSOE á alcaldía nas eleccións municipais de 2023.
Ademais, o goberno socialista de Baiona é de novo unha referencia en políticas sociais, cun incremento do 30% nas partidas desde o comezo do mandato, iniciativas como ‘Vincúlate’ e numerosos convenios de colaboración con entidades como Afaga.
“En turismo, só hai que repasar as cifras deste verán, cunha ocupación histórica que foi fundamental para o noso sector servizos, clave na economía local, despois da etapa tan dura da pandemia”, engade Gómez Prado.
Coa campaña ‘Baiona está de volta’, os socialistas farán ademais un repaso do compromiso do goberno local cos barrios e parroquias, con numerosos investimentos e actuacións; a aposta polo medio ambiente e a sostenibilidade; a colaboración co comercio e a hostalería local, ou o apoio ao conxunto do tecido asociativo local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217