SALCEDA DE CASELAS
Verónica Tourón interésase nas institucións europeas
A alcaldesa e secretaria xeral da agrupación socialista de Salceda, visitou o parlamento e outras institucións europeas para coñecer de primeira man o seu funcionamento e poder mellorar a capacidade de captación de fondos europeos para o desenvolvemento local do concello.
Na súa viaxe de tres días, Verónica Tourón, acompañada do secretario provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades e dos alcaldes de Gondomar e a Cañiza, reuniuse co eurodeputado galego Nicolás González Casares, coa eurodeputada Clara Aguilera, así como co secretario xeral do grupo socialista no parlamento europeo Jordi Harrison.
Así mesmo, na visita puideron coñecer de preto como funciona o día a día do Parlamento Europeo ou do Comité das Rexións, un órgano fundamental para artellar o desenvolvemento local das políticas europeas dende Bruxelas.
As intensas xornadas de traballo xiraron entorno ao coñecemento dos diferentes fondos europeos e a súa finalidade, para que finalmente estes poidan reverter directamente sobre o territorio, dando resposta ás necesidade de desenvolvemento industrial e do rural que teñen os concellos como Salceda.
O concello de Salceda de Caselas ten concedidos Fondos Europeos para mellora da compostaxe, impulso do Comercio Local e mellora da eficiencia enerxética no alumeado público, entre outras. Ademais ten solicitado diferentes proxectos como a construción dun Centro de Día ou a rehabilitación do antigo centro de saúde como Centro Municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
Verónica Tourón, “Esta visita ao corazón da Unión Europea ensinoume o valor da gran capacidade de transformación que Europa, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Fondos Nextgeneration), ten sobre o desenvolvemento estratéxico dos nosos territorios. Para Salceda de Caselas poder contar cos fondos europeos e coñecer como aproveitalos ao máximo supón unha oportunidade de futuro histórica que non podemos deixar escapar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11