DEPORTES
Josefina Maestu presidirá a Federación Galega de Montañismo
A nova presidenta tomará posesión oficialmente o vindeiro día 13 de decembro
Ven de celebrarse en Vigo, na casa do Deporte da Xunta de Galicia, a Asamblea Xeral da Federación Galega de Montañismo (FGM) que elixiu tanto a presidencia como a Comisión Delegada dos vindeiros catro anos.
Para asumir a presidencia da FGM presentaronse dúas candidaturas. A primeira viña encabezada por Adolfo Puch, quen presidiu o ente federativo dende o ano 2010 ata a actualidade, e dicir as últimas tres lexislaturas. A outra, correspondiu a Josefina Maestu, nada en Vigo fai 49 anos, e residente en Cambre (A Coruña)
Josefina Maestu impúxose nas votacións cunha ampla maioría de 43 votos (74,13%)
No mesmo acto tamén se elixiron os membros da Comisión Delegada da FGM que foron: Clubs: Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU), Club de Montaña Xesteiras, Club de Montaña Vértice; Deportistas: Elvira Verea López de Guereño; Técnicos: Javier Aradas Mariñas e - Árbitros: Xosé Lois Freixeiro
A nova presidenta, que tomará posesión oficialmente o vindeiro día 13 de decembro, presentou na campaña electoral o Plan Estratéxico da FGM, integrado por mais de 100 medidas encaminadas a modernizar as estructuras e relevancia social do montañismo galego. Josefina Maestu, agradeceu á gran confianza e apoio recibido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217