Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 09 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mellora da intersección do Alto de San Cosme cunha nova rotonda

Será acometida pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia procederá á adecuación da intersección de San Cosme, na contorna do PK 7+600 na Estrada PO-331 Porriño-Gondomar, facendo un investimento por parte da administración autonómica de 47.968,53 €.


As obras consistirán, basicamente, na remodelación da intersección existente á altura do PK 7+600 da estrada PO-331, implantando no seu lugar unha glorieta. Proxéctase unha glorieta de planta elíptica, de radio mínimo 12,50 metros.

 

En canto á súa configuración, dispoñerase un único carril de 6 metros de ancho, con beiravías tanto exterior como interior de ata un metro de ancho. A continuación deste, cara ao centro, exponse a execución dun gorjal de dous metros de ancho, empedrado, de maneira que poida ser puntualmente ocupado polos vehículos. O illote central, de 15 metros de ancho e 30 metros de longo, aproximadamente estará delimitado por un bordo remontable, a continuación do cal se dispoñerá unha coroa de formigón dun metro e, na parte interior, un recheo de formigón cun espesor medio de 20 cm.

 

Para a execución da glorieta definida anteriormente, será necesario demoler previamente os illotes existentes, así como a zona central na cal se instalará a nova. Parte da superficie demolida que ocupaban os actuais illotes será acondicionada mediante a reposición de firme, con capas de mesturas bituminosa. Por último, executarase o acondicionamento da sinalización tanto horizontal como vertical da zona, adecuando esta a a nova configuración da intersección. Inclúese tamén a colocación dos carteis de orientación necesarios para indicar os destinos na estrada PO-331. Dispoñerase dunha sinalización provisional durante as obras que advirta aos usuarios da execución destas.

 

Estímase que para esta obra é necesario e suficiente un prazo de execución de seis meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.