Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 12 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño licita a mellora da estrada Centeáns - Corzón en Pontellas

As obras contan cun orzamento base de 136.432 euros e contemplan a renovación completa da capa de rodadura nun tramo de 1 km

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación o proxecto de mellora do vial municipal que conecta Centeáns e Corzón, na parroquia de Pontellas.


“Esta estrada atópase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada, polo que require dunha intervención urxente”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo”, “Ademais trátase dun vial moi transitado, ao estar na contorna de San Campio e conectar os núcleos rurais de Centeáns, Outeiro –Igrexa e A Meira”.


As actuacións contemplan a renovación completa da capa de rodadura nun tramo de 1.032 metros de lonxitude e 7 metros de ancho medio. “Emplearanse aproximadamente unhas 975 toneladas de asfalto e requerirase tamén o bacheo profundo de zonas concretas que se atopan especialmente deterioradas”, apuntou o edil de obras.


“Seguimos traballando para acondicionar todo o viario municipal que se atopa en moitos puntos en condicións pésimas pola falta de mantemento. Este é un dos proxectos que temos xa en fase de contratación dentro da planificación que estamos a seguir para poder abarcar todo o termo municipal”, concluíu o alcalde.


A obra conta cun orzamento base de licitación de 136.432,29 euros con cargo ao Plan Concellos 2022 e o prazo de presentación de ofertas remata o 12 de decembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.