GALICIA
O programa de Benestar en Balnearios da Xunta completa ao 100% as prazas ofertadas
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou onte as persoas que desfrutan desta iniciativa en Mondariz-Balneario
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sinalou que a Xunta cubriu a totalidade das máis de 600 prazas ofertadas no programa Benestar en Balnearios neste ano 2022. Onte visitou as persoas que desfrutan desta iniciativa en Mondariz-Balneario onde sinalou que esta proposta permite ofrecerlle aos maiores alternativas para un envellecemento activo. O Goberno galego destina 136.000 euros co que cubre ata o 40% do custo da praza.
Este programa recuperouse neste 2022 logo do parón da pandemia e ofrece estadías de 10 días en réxime de pensión completa durante os meses de novembro e decembro a persoas maiores de 60 anos en 15 balnearios da nosa Comunidade. A conselleira destacou que deste xeito dáselles a oportunidade de pasar uns días centrados neles mesmos, coidándose e desfrutando do seu tempo libre.
A proposta desenvólvese en 15 establecementos de toda a Comunidade durante os meses de novembro e decembro
Fabiola García lembrou que o Goberno galego está ao lado das persoas maiores para desfrutar desta nova etapa das súas vidas con programas que dan respostas ás súas preferencias. Como exemplo citou as aulas sénior para os maiores que queren seguir formándose, o programa Xuntos polo Nadal que ofrece actividades para as persoas que non teñen con quen pasar estas datas ou os programas de voluntariado interxeracional, que fomentan encontros entre mozos e persoas maiores para compartir experiencias.
Coidados porta a porta
A conselleira aproveitou para visitar tamén a unidade móbil do programa de Coidados porta a porta, que na xornada de hoxe retomou a súa actividade en Mondariz-Balnerario e que atende aos veciños de máis idade desta zona ata o martes da vindeira semana, incluído. Ata o momento concedéronse 139 citas, entre a primeira e segunda volta, incrementándose un 31% nesta segunda con respecto á anterior visita do programa á localidade. Aínda está aberta a posibilidade de pedir cita nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
O Coidados porta a porta permite levar ao carón dos fogares das persoas maiores de 55 anos servizos sociosanitarios de balde, sen necesidade de que se teñan que desprazar, e desde que se puxo en marcha xa son máis de 26.000 os galegos que se beneficiaron desta iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129