DEPORTES
Lete Lasa destaca o nivel do deporte adaptado en Galicia
Grazas a eventos como a Copa Galicia de Pádel para discapacitados intelectuais
Lembra que nos Xogos Paralímpicos de Toquío, Galicia representou o 15% da delegación española e que o 87,5% dos deportistas galegos regresaron entre os oito mellores do mundo
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á celebración da Copa Galicia de Pádel para Discapacitados Intelectuais celebrada no Ipadel Fitness de Mos e organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado coa colaboración da Xunta de Galicia.
O mandatario galego destacou o excelente nivel do deporte adaptado en Galicia grazas á organización de eventos como esta competición que contribúen a acadar ese deporte para todas e para todos que defende o Goberno galego. Neste sentido, Lete Lasa subliñou a importancia das distintas actuacións que vén realizando a Xunta de Galicia no eido do deporte adaptado que permitiron que nos Xogos Paralímpicos de Toquío, Galicia representara o 15% da delegación española e que o 87,5% dos deportistas galegos regresaran entre os oito mellores do mundo.
A Copa Galicia de Pádel para Discapacitados Intelectuais levouse a cabo nas categorías de competición -coas mesmas regras do pádel convencional- e de adaptado -permitindo xogar a bola cun segundo bote-. En total participaron 24 deportistas de 12 parellas diferentes dos clubs ASDAN (Agrupación Socio Deportiva Alternativa), ASPAVI (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo), DIFUNGA (Diversidade Funcional Galicia) e San Rafael. Na categoría de competición os gañadores foron a parella de ASDAN formada por Antonio Saborido Brais Lourido, mentres que a parella de DIFUNGA, formada por Álvaro Fernández e Lorenzo Botnari remataron subcampións. Na categoría adaptada, Emilio Barreto e Fernando Urceira, de ASDAN, proclamáronse campións; e Jonatan Álvarez e Juan Avendaño, de San Rafael, foron segundos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103