Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 12:18:44 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Smartpeme oferta esta semana seis novas formacións online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas de ciberseguridade, packaging de nadal, Google Analitycs 4, estratexias dixitais para entidades do terceiro sector, o IVE ou estratexia dixital con Benchmark Email.

 

Este luns 12 de decembro haberá dous obradoiros na quenda de mañá. No primeiro Manuel Freire, experto en robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso “Ciberseguridade, que é o malware”, iniciando así unha nova serie de talleres de ciberseguridade. O obxectivo desta formación é dar a coñecer ao asistente que é o Malware, que tipos de Malware empregan os ciberdelincuentes ou como saber se estamos infectados. O outro dos cursos chámase “Preparación de última hora do packaging de nadal” e estará conducido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, que explicará a importancia do packaging na estratexia de venta online e os pasos básicos para preparar un pedido correctamente, e en especial para o nadal.

 

O martes 13 impartiranse outras dúas novas formacións. Pola mañá, a diplomada en Ciencias Empresariais, Esther Garcinuño, impartirá a formación “Primeiros pasos con Google Analitycs 4”. Este obradoiro realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), ensinarase a configurar esta ferramenta correctamente e a sacarlle partido para axudar na toma de decisións dun negocio.

 

Na quenda de tarde a temática será o márketing social. Nesta formación revisaranse as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para que as entidades do terceiro sector poidan funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades. Este contido será explicado polo licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández no taller “Márketing Social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”.

O xoves 15 de decembro, rematará a semana lectiva con outras dúas formacións en liña. Pola mañá, Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais impartirá o curso “Que é o IVE e como funciona” un taller que desenvolverá os principais aspectos deste tributo, o imposto do valor engadido (IVE).

 

Por último, na quenda de tarde, o enxeñeiro informático José Luis Taboada fará unha introdución aos conceptos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, ensinará a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email no obradoiro “Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark email”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.