Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Bádminton solidario esta fin de semana en Ponteareas

O torneo celebra a súa sexta edición este domingo 18 de 09.30 a 14.00 horas no pavillón do complexo deportivo Álvaro Pino

Ponteareas volve amosar esta fin de semana a súa faciana máis solidaria. O deporte non competitivo será este domingo 18 o protagonista no VI Torneo Solidario de Bádminton 2022, un certame organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello que reunirá a máis dun cento de deportistas de centros educativos e clubs dun total de nove categorías entre benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto.


O pavillón do complexo deportivo Álvaro Pino acollerá ás e aos deportistas que dende as 09.30 ata as 14.00 horas aproximadamente disputarán diferentes partidos. As inscricións son abertas e gratuítas enviando ata o vindeiro 14 de decembro o formulario de inscrición necesario a través do correo electrónico cbponteareas@yahoo.es ou de whastapp no teléfono 609 92 74 71. Ademais, cada participante deberá achegar voluntariamente un produto non perecedoiro, especialmente leite, aceite ou produtos de hixiene. O recadado será doado de forma íntegra ao Centro de Reparto de Alimentos municipal, dependente da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ponteareas.


O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, convida a todos os xogadores e xogadoras a inscribirse e “achegar o seu gran de area nesta nobre causa” e anima a toda a veciñanza a desfrutar desta gran festa deportiva e solidaria. “Non podemos máis que agradecer ao Club Bádminton Ponteareas o gran labor que está a facer non só organizando unha nova edición deste evento de carácter social que cobra especial relevancia nesta época do ano, senón tamén polo seu traballo diario para difundir este deporte e crear unha gran canteira que leve o nome da nosa vila ao máis alto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.