Galicia
Alerta laranxa por temporal costeiro este mércores na Coruña e Pontevedra
Agárdase mar combinada do oeste con ondas de ata 6 metros
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da X3nta vén de activar para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a primeiras horas da xornada de mañá no noroeste e oeste do litoral da Coruña estendéndose ao suroeste da costa coruñesa e a de Pontevedra por mar combinada do oeste con ondas de ata 6 metros.
Na Mariña lucense a alerta será amarela por mar combinada do oeste e ondas de ata 5 metros. Tamén será de nivel amarelo o aviso no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra por ventos do suroeste forza 7.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129