DEPORTES
A mellor canteira do Atletismo Galega pasou polo Trofeo ABANCA
Exporense foi sede durante todo o domingo da disputa do Trofeo ABANCA de pista cuberta que xuntou a preto de seiscentos rapaces e rapazas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.
Os catorce clubs clasificados para tomar parte nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14 encheron o sintético ourensá con gañas, deportividade e moita ilusión que sería vivida moi intensamente tanto polos propios deportistas como pola gran cantidade de público achegado ata o recinto atlético.
As primeiras e primeiros en tomar parte foron as e os Sub10 e Sub12 durante a xornada da mañá con dobre triunfo final para os equipos do ADAS CUPA na categoría masculina Sub10 e Sub12. O resto de categorías foron gañadas tanto polo Atletismo Narón na Sub10 feminina como pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra na Sub12 feminina.
A nivel individual salientamos os excelentes rexistros e actuacións que nos ofreceron a nivel xeral cada un dos participantes, destacando de maneira en especial as mellores marcas autonómicas Sub10 efectuados por Valeria Mera do Atletismo Narón en lonxitude con 3.77 m. e a de Elden Ferrer do ADAS CUPA na proba de altura con 1.32 m.
Xa na xornada de tarde, e a partir das 16.30 horas, reanudábase o trofeo ca participación das e dos Sub14 que tamén foron quen de deixarnos excelentes actuacións e bos rexistros a nivel xeral.
Por equipos masculinos novamente a Sociedad Gimnástica, nun encontro moi pelaxado co Real Club Celta, lograba por tan só un punto de diferencia o triunfo no colectivo sendo nas mulleres o Club Atletismo Narón quen lograba estar no máis alto do podio.
A nivel individual subliñar as excelentes actuacións de Sabela Castelo da Gimnástica de Pontevedra nos 2.000 m. con 6:25.43; Aarón Pérez do ADAS CUPA en triplo con 11.58 m.; Manuel Eirín do Ourense Atletismo en peso con 13,75 m. e de Daniela Vega do Riazor Coruña nos 60 valos con 9.63, así como a do equipo de relevos masculino do ADAS CUPA dos 4x100 m. (Xoel Pungin, Gael Lagadec, Saúl Crespo e Aarón Pérez) con 52.82, todos elas e eles novas mellores marcas autonómicas.
Nota 94. Gran éxito de atletismo galego nos europeos de campo a través
Marabillosa e sensacional xornada a vivida no día de onte polo atletismo galego nos campionatos de Europa de Campo a través desenvoltos na localidadde italiana de Turín.
Ata ela acudían tres das nosas e nosos atletas integrados na categoría femenina Sub20 e na absoluta de relevos mixto logrando en ambos casos subir ao podio da cita continetal.
As primeiras en sair ao circuito do Parque La Mandria foi o equipo feminino Sub20 integrado por María Forero, Iraia Medía, María Viciosa, Marta Serrano e as galegas Antía Castro Inés Docampo. A nivel individual o triunfo correspondeu á onubense María Forero quen abría as portas ao título por equipos xogando un papel determinante a décimo primeira posición de Antía e o quintoaxésima terceira de Inés, que xunto ao resto da actuación do equipo, permitiron que España se proclamara campioa de Europa de seleccións por diante de turcas e xermanas.
Sen apenas tempo de dixerir o excelente resultado, acontecía ao outra fantástica nova protagonizada polo equipo de relevos mixto na que tomaba parte o olímpico Adrián Ben e Solange Pereira acompañados por Jesús Gómez e Rosalia Tárrega. O cuarteto hispano lograba o subcampionato continental cedendeo tan só ante a selección anfitrioa de Italia por tan só un segundo.
Con estos excelentes resultados, o atletismo galego regresa á senda dos éxitos por equipos a nivel continental como xa o fixeran Julia Vaquero no ano 1997 co seu bronce na categoría absoluta ou Alejandro Gómez cos ouros dos anos 1995, 2001 e 2202 e a prata de edición do 1994.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217