Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Gustavo Freiría, no máis alto da hípica con tan só 9 anos

Este cativo mosense foi galardoado na XXV Gala da Hípica da Federación Galega de Hípica, que se celebrou o pasado 26 de novembro en A Coruña

Onte tivo lugar no Concello de Mos a recepción ao deportista mosense Gustavo Freiría Santos, de tan só 9 anos de idade.

 

Este cativo vén de lograr, no seu primeiro ano de competición na disciplina deportiva da hípica, uns excelentes resultados nos Campionatos de España e Galego na Categoría de Ponis A. Foi 3º no Campionato de España de Salto, 2º no Campionato Galego de Salto e 3º no Campionato Galego de Doma Clásica. Tres metáis, dous bronces e unha prata, en competicións do máximo nivel nos ámbitos autonómico e nacional.

 

Por elo foi recoñecido e galardoado na XXV Gala da Hípica da Federación Galega de Hípica, que se celebrou o pasado 26 de novembro en A Coruña.

 

Onte foi recibido no seu Concello, acompañado pola súa familia, e felicitado pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

 

Ademais Gustavo compite coa Hípica JC de Torroso Mos, polo que os seus resultados son celebrados dobremente desde Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.