Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 12:18:44 horas

Xornal21.es
Jueves, 15 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Comezan as obras de mellora da mobilidade peonil na PO-315 en Aldán- Cangas

A intervención estase a levar a cabo entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380, e na contorna do 13+500, para reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada autonómica PO-315, no concello de Cangas, que suporán un investimento de máis de 265.000 euros.

 

O obxectivo desta intervención, cun prazo de 4 meses, é reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios e favorecer unha mobilidade máis sustentable na zona.

 

Os traballos desenvólvense entre os puntos 10+100 e 10+380 ao seu paso pola parroquia de Aldán e mellorarán os percorridos peonís, con novas beirarrúas accesibles e unha pasarela peonil aparellada a un pontón sobre o río para permitir a continuidade.

 

Neste tramo incluirase, ademais, a reordenación das interseccións de acceso á praia de San Cibrán, dos pasos de peóns e das paradas de autobús, xunto coa renovación da rede de pluviais e o alumeado.

 

Nun segundo treito do proxecto, entre os puntos 13+200 e o 13+550, acometeranse tres actuacións puntuais para dar continuidade á beirarrúa actual, na parroquia de Darbo. Para isto, executarase en cada caso un pequeno muro de espigón.

 

As obras son financiadas con fondos europeos REACT EU como parte de resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19 dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.