SALVATERRA DE MIÑO
O Consello da Xunta autoriza a rehabilitación e ampliación da ponte internacional sobre o río Miño
O convenio de colaboración inclúe a rehabilitación estrutural da ponte e a implantación dun carril bici, sumando un orzamento total de máis de 757.000€ que a Xunta e o Goberno luso financian ao 50%
O Consello da Xunta autorizou a semana pasada a sinatura do convenio de colaboración co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a rehabilitación e a ampliación da ponte internacional sobre o río Miño entre Salvaterra de Miño e Monção.
O investimento total da actuación ascende a máis de 757.000 euros, abranguendo a rehabilitación estrutural da ponte e a redacción do proxecto da implantación dun carril bici. A Xunta e o Goberno luso financian ambas as actuacións ao 50%, polo que o Goberno galego achega máis de 378.000 euros.
Ao tratarse dun convenio internacional, a tramitación materialízase coa sinatura de dous acordos: un primeiro entre os Estados español e portugués, que habilita á Xunta a abonar a súa parte do custo das actuacións; e outro entre a Xunta e o Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, polo que o Executivo autonómico se compromete á súa parte do financiamento das actuacións. Este último é o convenio cuxa sinatura autorizou hoxe o Consello da Xunta.
O convenio autorizado hoxe debe ser asinado con posterioridade á firma do convenio entre os Gobernos español e portugués. Prevese que esta sinatura se poida materializar nos vindeiros días.
Actuacións
En canto ás obras previstas no convenio, a rehabilitación estrutural da ponte, consensuada entre os técnicos da Xunta e do Goberno luso, comezou en agosto de 2021 e rematou a principios deste ano 2022.
Esta intervención consistiu na reparación das superficies expostas dos fustes de alicerces, travesas e dinteles; no selado de gretas; ou no encapsulado dos alicerces e o dintel na parte mergullada, utilizando manguitos de fibra de vidro.
Tamén se acometeron accións de protección con pintura das superficies nas zonas mergulladas; a reparación de superficies danadas; ou a monitorización da estrutura.
Ademais da reparación da ponte, tamén se acometerán a instalación dun carril bici e a ampliación da senda peonil, para o que o Goberno luso licitará proximamente o proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103