Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 09:15:30 horas

Xornal21.es
Viernes, 16 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
GALICIA

Rueda reedita a aposta da Xunta por un novo modelo de atención residencial

O presidente do Goberno galego visita esta residencia pública autonómica de Pontevedra

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, reeditou a aposta da Xunta por un novo modelo de atención residencial co investimento de 4 millóns de euros na reforma do centro de maiores de Campolongo. “Esta residencia despois de 30 anos necesitaba e merecía un esforzo importante como o que se vai facer agora para convertela nun centro de referencia na atención de calidade”, defendeu o mandatario galego durante a visita que realizou hoxe a esta residencia pública autonómica de Pontevedra, que espertou unha onda de solidariedade trala iniciativa do seu director, Juan José López, animando á xente a facerlles chegar aos seus usuarios cariño en forma de cartas e mitigar con afecto a soidade.

 

Durante a visita, o presidente da Xunta referiuse a esta marea de apoios en forma de centos de cartas que recibiu a residencia e que considerou unha “pequena mostra da solidariedade e do cariño” dos galegos e galegas. Por este motivo, agradeceulle ao director da residencia esta iniciativa “tan bonita” na que se recolleron “tan bos sentimentos” cara ás persoas maiores e amosouse convencido de que se estenderán máis aló do Nadal.

 

Precisamente, o Goberno galego dispón de medidas para acompañar os maiores, como a Estratexia galega de soidade non desexada, que se aprobará en breve; o programa Benestar en Balnearios, que permite o autocoidado e impulsa as relacións sociais; ou Xuntos polo Nadal que permite reunir nestas datas en dúas residencias a persoas que viven soas para que pasen as festas acompañados

 

 

 

 

As obras incluirán a reforma da fachada, a reordenación dos espazos comúns e melloras na eficiencia enerxética e na accesibilidade

 

 

 

 

Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, aproveitou a visita para coñecer as instalacións, compartir impresións cos usuarios e darlles a coñecer a inminente mellora do centro que se vai facer cunha inversión de 4 millóns de euros, unhas obras que comezaron a proxectarse no ano 2019 e que van ser licitadas en breve. A intervención inclúe a reforma da fachada, a reordenación dos espazos comúns e melloras de eficiencia enerxética e de accesibilidade.

 

Medida para que os nosos maiores elixan como e onde queren vivir
Cómpre salientar que o Goberno galego traballa para que os maiores da Comunidade teñan liberdade para elixir como e onde queren vivir, e que con ese obxectivo se puxeron en marcha accións de apoio tanto para os que seguen a residir nas súas casas como para os que o fan nun centro de maiores.

 

No caso das residencias e coa finalidade de adaptalas ás necesidades dos novos tempos, a Xunta está a mellorar a coordinación sociosanitaria dos centros e a reformar as instalacións para facelas máis confortables e accesibles, ademais de poñer en marcha novos modelos de convivencia como poden ser as vivendas colaborativas, tamén coñecidas como cohousing.

 

Coa intención de mellorar esta coordinación entre a área sanitaria e a social elaborouse un censo actualizado de todos os usuarios das residencias de maiores para facilitar o intercambio de información tanto co Servizo Galego de Saúde como dentro da propia residencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.