TOMIÑO
O Mercado de Tomiño acada unha axuda de máis de 9.100€
A Xunta outorgou esta subvención para o financiamento de gastos de mantemento e de mellora da eficiencia enerxética, promoción do comercio e formación dos praceiros e praceiras
O Mercado de Tomiño segue a traballar para manter os estándares asociados ao seu selo de Mercado Excelente e ao mérito de ser a primeira praza de abastos de Galicia en conseguir este distintivo. Neste sentido, o Concello acadou unha subvención de máis de 9.100 euros da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destinados ao financiamento de gastos de mantemento das instalacións do mercado e á mellora da eficiencia enerxética, así como á promoción do comercio no mesmo e á formación dos praceiros e praceiras, uns custos que durante o 2022 ascenderon a case 12.000 euros.
Esta subvención forma parte das axudas outorgadas en réxime de concorrencia non competitiva postas en marcha pola Xunta de Galicia para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
A praza de abastos de Tomiño acadou o selo de Mercado Excelente no ano 2018 pola súa resposta aos retos de modernización e innovación sen perder a súa autenticidade e tradición, así como pola proximidade e o trato personalizado que ofrece á clientela. A imaxe do propio mercado, as instalacións e accesibilidade, a organización e profesionalidade dos praceiros e praceiras, a atención á clientela e prestación de servizos e a implicación e integración do mercado na vida social do concello foron determinantes para conseguir este distintivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163