Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 19:34:15 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta executará un aparcadoiro disuasorio gratuíto con 72 prazas en Nigrán

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado día 13 o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción deste aparcadoiro disuasorio en Nigrán para o fomento do vehículo compartido, asociado á implantación de zonas de baixas emisións, na comarca do Val Miñor.

 

A intervención proxectada pola Xunta céntranse na execución dun aparcadoiro tipo carpooling nun recheo existente no enlace da estrada autonómica PO-340 coa autoestrada do Val Miñor, AG-57, e adxacente á peaxe da saída 9-10 (A Ramallosa-Gondomar). O aparcadoiro terá o acceso desde a estrada PO-340.

 

O novo aparcadoiro, que busca facilitar o emprego do vehículo compartido e reducir a presenza dos coches no centro da vila, situarase na zona próxima ao punto quilométrico 8+800 e contará cunha superficie total de 3.500 m².

 

Disporá dun total de 72 prazas, todas en batería, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, ademais de dispor de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.

 

O novo aparcadoiro contará, ademais, dunha franxa perimetral interior adxacente ás prazas para os itinerarios peonís e carrís de circulación dun mínimo de 3 metros de ancho e de sentido único.

 

No centro do aparcadoiro e na zona norte proxéctanse zonas verdes para a colocación de arborado e alumeado, que irán separadas das prazas por un bordo.

 

O anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia recolle a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización deste aparcadoiro disuasorio en Nigrán.

 

Do mesmo xeito, hoxe tamén se somete ao trámite de información pública o proxecto para executar un novo aparcadoiro disuasorio de 82 prazas na contorna do enlace da variante de Marín (VG-4.4) coa estrada provincial EP-1202, cerca do núcleo de Ameal, no concello de Marín, que suporá un investimento de máis de 610.000 euros e está incluído nun mesmo contrato.


 

Todas as persoas interesadas poderán formular observacións aos proxectos durante 30 días hábiles, que comezarán a contar a partir de mañá. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio publicado https://acortar.link/MztbUB

 

O Goberno galego segue a traballar a favor da mobilidade sostible, impulsando a dotación de aparcadoiros disuasorios en zonas próximas ás principais vías de entradas ás cidades de Galicia e conectados coa rede de servizos de transporte público colectivo, con itinerarios peonís e ciclistas. En conxunto, a Xunta ten previsto habilitar un total de 1.500 prazas de aparcadoiros disuasorios.

 

Estas intervencións enmárcase nos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos Next Generation para fomentar a mobilidade sustentable nas cidades e vilas galegas, aos que destinará o vindeiro ano un investimento de 12,4 M€.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.2

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.