Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 16:46:37 horas

Xornal21.es
Sábado, 31 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

O Planetario Viaxando polo Universo poderá visitarse en Tui do 2 ao 4 de xaneiro

Estará na Biblioteca Municipal. É preciso inscrición previa

[Img #79300]Na programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre o luns 2 e mércores 4 de xaneiro o “Planetario viaxando polo universo” unha actividade divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía. Haberá sesións diarias ás 12.00 h, 12.45 h, 13.30, 17.00, 17.45 e 18.30 h con capacidade limitada en cada quenda. Para asistir é preciso inscrición previa no correo electrónico en biblioteca@tui.gal  ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando un telefono de contacto.


No interior dun moderno planetario móbil con capacidade para 20 persoas e utilizando unha metodoloxía interactiva e práctica adaptada a diferentes niveis, as persoas asistentes realizan unha viaxe no espazo e no tempo, que lles leva a descubrir - entre outras materias - o Universo e as galaxias ou o movemento das estrelas, os planetas e os satélites máis importantes que integran o noso Sistema Solar. Aprenden a orientarse observando o ceo nocturno e coñecen os mitos e lendas que as civilizacións clásicas atribuíron ás principais constelacións e como situalas na bóveda celeste.


O planetario recrea con total precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da Terra e a visión do Universo desde calquera lugar do espazo, mostrando as posicións exactas dos elementos que o integran en calquera momento presente, pasado ou futuro.


Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta actividade do “Planetario, navegando polo universo” ofrece unha sesión didáctica que mestura unha experiencia educativa cunha experiencia visual única que nos permite contemplar o Cosmos en todo o seu esplendor a través dun proxector de última xeración apuntado cara a unha gran cúpula semiesférica de 5 metros de diámetro e nun movemento de 360 graos. Sonsoles Vicente convida a todos os nenos e nenas e persoas interesadas na astronomía e na ciencia a participar nesta actividade que enriquece a programación “Tui Camiño do Nadal” do Concello de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.