Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 21:51:16 horas

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Mariluz Pérez Vidal toma de posesión como nova concelleira

Veciña de Camos xubilada e vicepresidenta do Centro Cultural A Camoesa

O Pleno ordinario do Concello de Nigrán acolleu esta onte a toma de posesión de Mariluz Pérez Vidal como nova edil do goberno socialista tras a dimisión e entrega da acta o pasado mes de novembro de Nuria Lorenzo. A corporación do Concello de Nigrán queda así representada por 13 concelleiros socialistas no goberno local e 4 do PP na oposición.


Pérez Vidal, veciña de Camos vicepresidenta da Asociación Cultural 'A Camoesa' é xubilada  tras exercer na súa vida laboral como cociñeira nun catering escolar da ensinanza pública. "Mari Luz é unha persoa moi participativa da parroquia de Camos, onde forma parte da directiva de 'A Camoesa', e estamos moi satisfeitos de encarar xunto a ela a recta final deste mandato", resume González sobre a nova edil, que acolle o cargo con "ilusión, humildade e moitas ganas de traballar polo benestar da veciñanza de Nigrán".


A maiores, o outro punto do pleno foi o recoñecemento extraxudicial de crédito de 10.277, 93 € para o pago de 16 facturas en diferentes gastos co obxectivo de pechar exercicio económico 2022.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.