Miércoles, 29 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 21:36:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 22 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

 Boa Vida entroga xoguetes e lotes de roupa a case un centenar de familias da cidade

O acto contou coa presenza de representantes da Xunta, concello e Deputación de Pontevedra

 Boa Vida entrogou onte varios xoguetes e lotes de roupa a case un centenar de familias da cidade. Todos eles entregados pola veciñanza de Pontevedra para a campaña de Nadal da asociación “Tódolos nenos cun sorriso” na que ainda están a participar corenta entidades de toda a cidade recollendo xoguetes, roupa e artigos de segunda man.

 

Ademáis Boa Vida tamén sorteou, entre todas as familias que tiñan vales para xoguetes e roupa, vinte osos de peluche feitos a man polas persoas presas na cadea de A Lama doados para a ocasión, e celebrou un tradicional "pincho" de Nadal.

 

O acto servíu, por outra banda, para que a entidade sen ánimo de lucro inaugurase a súa nova sede na rúa Echegaray, 10 para cursos e actividades na que estiveron presentes a deputada da Deputación de Pontevedra Olga María García Ballesteros; o director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente; e o concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. 

 

García Ballesteros dixo que "todo o mundo necesitamos unha segunda oportunidade" exemplificando o labor de Boa Vida; Parrado Puente recoñeceu o "gran traballo de Boa Vida que levades facendo dez anos" e animou á asociación a seguir do mesmo xeito, comprometendose a continuar apoiando a asociación dende a Xunta pois, engadíu, a inserción laboral, polo tanto o acceso ó emprego que realiza a entidade pontevedresa "e a mellor ferramenta de inclusión, de feito o traballo dignifica as persoas". 

 

Rey puso en valor os proxectos do rural de Boa Vida: "son optimos para non esquecer as raíces". E Fernández Lores concluíu diciendo que "me gustaría que nestos momentos de crise todo o mundo tivera todos os dereitos posibles" e comprometeuse a "seguir colaborando dende o Concello con Boa Vida". 

 

A coordinadora xeral de Boa Vida, Pepa Vázquez e a coordinadora das súas tendas, Lourdes Bustamante agradeceron ás autoridades o seu apoio institucional á entidade, o que permite, recordaron, levar a cabo os distintos programas de integración social e laboral que Boa Vida desenvolve durante todo o ano. 

 

E sinalaron que a entrega dos xoguetes e roupa supón un acto de transparencia na xestión do labor da asociación. O que non sería posible, engaderon, sen a colaboración do voluntariado da asociación, os seus traballadores e traballadoras, e as aportacións de toda a veciñanza de Pontevedra. 

 

Vázquez subliñou que estes programas e servizos pasan pola formación, a inclusion en itinerarios de emprego e, a maiores incluso, a inclusion social para persoas que o precisen. 

 

Bustamante explicou, por exemplo que, dentro destos programas o traballo de recollida, preparación, clasificación, almacenaxe e venta de xoguetes, roupa e artigos doados ou a elaboración de prendas e complementos feitos con material reciclado, está feito por persoas en risco de exclusion social integradas nos itinerarios de Boa Vida. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.