Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 23 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos felicita ás nadadoras infantís do seu Club de Natación

Antía, Noa, Carolina e Eva fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses en Lugo

Esta semana celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro a recepción ás nadadoras infantís do Club Natación Mos e ao seu adestrador, Alberto Pereira “Xouba”, polos resultados obtidos a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro no campionato galego.

 

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal felicitáronas polo gran papel no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo. Onde a pesares de ser nadadoras de categoría infantil, as representantes do Club Natación Mos estiveron entre as mellores.

 

Desde a directiva do clube destacan “o gran papel de Carolina Pereiro coa medalla de prata nos 200 Braza e o 5° posto nos 100 Braza e a Eva Martínez 5ª nos 50 Espalda. Sendo nadadoras que pese á súa curta idade están a despuntar entre as mellores especialistas de Galicia”. Ademais quixeron salientar “o incrible labor do adestrador, Alberto ‘Xouba’, sen o cal estes resultados non terían sido posibles”.

 

Antía, Noa, Carolina e Eva son as 4 nadadoras integrantes do equipo Infantil do Club Natación Mos. As 4 fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses no Campionato Galego. “Estas rapazas chegarán moi lonxe”, auguraron Arévalo e Areal, rexedora local e edil de Deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.