GALICIA
Gardacostas de Galiza concéntranse na Delegación do Goberno polo dereito o réxime especial do Mar
Gardacostas de Galiza concentráronse este xoves diante da Delegación do Goberno na Coruña para reclamar a modificación da Lei 47/2015, que regula a protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro, e se inclúa no TREMAR ao persoal funcionario das escalas de Gardacostas.
Con esta protesta, a CIG dá continuidade á campaña para reclamar unha solución á discriminación que sofre este colectivo laboral polo simple feito de ser persoal funcionario. A concentración, explica a secretaria nacional da CIG-Administración Autonómica, Zeltia Burgos, realizouse coincidindo co debate no pleno do Congreso da Lei de Pesca Sostíbel a través da cal a CIG promovera unha emenda (que foi presentada polo BNG) para a inclusión dos/as gardacostas no réxime do mar.
Burgos explicou que a semana pasada, unha representación da CIG e do persoal do sector reuniuse cos grupos parlamentarios no Congreso das e dos Deputados para pedirlles o seu apoio á dita emenda. Pero aínda que todos os grupos recoñeceron a discriminación por razón de réxime xurídico que sofre o persoal do servizo de Gardacostas, o Goberno español vetou que se debata e, polo tanto, que se vote a emenda, alegando cuestións orzamentarias.
Diante desta negativa do Executivo estatal, Burgos xa adiantou que a CIG non se rende, continuará mobilizándose e "insistindo na reforma lexislativa para que se inclúa o colectivo, urxentemente, no réxime especial do mar”.
Cómpre lembrar que ao persoal funcionario das escalas de gardacostas de Galiza se lle exixe, como a todos os traballadores e traballadoras do mar, os requirimentos do Instituto Social da Mariña (ISM) para poder realizar as súas funcións, como unha formación específica e a superación dun recoñecemento médico. Máis, ao tempo, o propio sistema non os admite porque non están dentro do réxime especial do mar xa que están no réxime xeral da Seguridade Social.
Sen coeficientes redutores e vixilancia médica específica
Está situación esperpéntica supón que o persoal Gardacostas non teña a protección para a súa saúde, como o acceso á xubilación anticipada ou a vixilancia médica específica que necesitan polos riscos que para a saúde supón o traballo no mar.
A secretaria do sector de Autonómica engadiu que o colectivo de Gardacostas depende da Consellaría do Mar e a idade media dos cadros de persoal supera os 55 anos. Nalgunhas bases o persoal xa pasa dos 62 anos e incluso 65 anos, salientou Burgos. “Pero mentres compañeiros e compañeiras de empresas privadas que comparten embarcación e faenas (como Remolcanosa ou Salvamar) si están incluídos no TREMAR, e polo tanto teñen coeficientes redutores da idade de xubilación, o persoal do servizo público de Gardacostas non, só por seren persoal funcionario”.
A CIG-Autonómica leva meses reclamándolle á Consellería, ao Goberno e ao Parlamento de Galiza que acheguen unha solución a esta discriminación que unicamente sofren por seren persoal funcionario, razón coa que o ISM determina a súa exclusión do réxime especial do mar. Neste sentido, a CIG denuncia que, malia ser coñecedores, polo de agora nin a Xunta da Galiza, nin os ministerios implicados foron quen de ofrecer unha solución real ao problema.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148