Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 23 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos Axuda fai que ningunha familia nin cativo mosenses perdan a ilusión navideña

O xoves realizouse o acto de agradecemento ao empresariado de Mos por todos os alimentos e xoguetes doados. Os produtos comestibles repartiranse esta mesma tarde grazas ao traballo dos/as voluntarios/as e os xoguetes o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos

Onte tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos ás 10.30 horas o acto de agradecemento ao empresariado mosense e demais entidades colaboradoras pola súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.

 

No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, representantes da directiva de AEMOS, representantes das empresas colaboradoras coa campaña, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, e voluntarios/as de Mos Axuda e Protección Civil de Mos.

 

Arévalo, rexedora local mosense, aproveitou o encontro para agradecer encarecidamente o enorme apoio nesta campaña das EMPRESAS COLABORADORAS: Tesis Galicia, AFAMSA, Reciclajes AVI, Mecoxi, Industrias Afines, NORIBERICA, Hierros Caldas, Grupo Couceiro, Autos Rivada, SERBAFER BATERÍAS SL e por suposto da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.

 

Os produtos comestibles comezarán a repartirse esta mesma tarde grazas ao traballo dos/as voluntarios/as. Os xoguetes entregaranse aos cativos beneficiarios o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.

 

‘Ningún nenx sen agasallo’

A campaña Mos Axuda de Nadal 2022 inclúe desde fai anos o proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a este Nadal quede sen facerse realidade.

 

O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.