Ponteareas
O GES-SPEIS de Ponteareas excarcera a unha muller tras envorcar co seu coche en Mondariz
Os feitos ocorreron no quilómetro 1 da EP-4401, na parroquia de San Mamede de Vilar (Mondariz).
Pasadas as 8:30 horas, os particulares que alertaron ao 112 Galicia indicaban que a implicada estaba consciente. Non obstante, era incapaz de abandonar o vehículo, semienvorcado tras saírse da vía, polos seus propios medios.
Así, desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, que non chegaron a actuar, ao GES-SPEIS de Ponteareas, á Garda Civil de Tráfico e aos membros da Agrupación de Voluntarios da Mancomunidade de Oitavén-Tea.
Contra as 9:40 horas, os Bombeiros de Ponteareas informaban ao 112 de que tiveron que empregar o material de excarceración para retirar á muller ferida de dentro do seu vehículo, que acabara semienvorcado tralo accidente. Pola súa banda, o persoal dos servizos sanitarios desprazouse ata o lugar a bordo dunha ambulancia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115