Jueves, 19 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 27 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O pleno de Salceda aprobou a impermeabilización do pavillón municipal

O concelleiro de Deportes Rubén González levou ao último pleno ordinario, para a súa aprobación, o proxecto de Intervención para a impermeabilización da cuberta e da fachada oeste do pavillón municipal.


Este proxecto ten como finalidade realizar unha primeira intervención na cuberta para arranxar as súas infiltracións de augas e evitar así a posible aparición de goteiras que impidan o normal desenvolvemento das actividades deportivas no pavillón municipal. Se retiraran os vinte lucernarios existentes para substituílos por outros e mellorar así o illamento de toda a cuberta do pavillón.


Na segunda intervención se realizarán actuacións sobre a fachada para realizar un  sistema de revestimento SATE que enrasará toda a superficie de maneira uniforme para aplicar posteriormente un tratamento de morteiro acrílico que axudará a asegurar o illamento e impermeabilización da fachada. Na súa parte superior se instalará unha albardilla de aluminio que servirá para evitar as filtracións entre a estrutura de formigón do edificio e os paneis sandwich da cuberta.


Complementariamente se instalarán unha nova liña de vida permanente de 15 metros e unha escaleira vertical de uña de gato na fachada principal da instalación, que facilitarán o acceso para realizar as labores de mantemento.
O orzamento base de licitación para a execución do proxecto é de 47.857,33€ (IVE incluído).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.