GALICIA
‘Xuntos Polo Nadal’ é o mellor antídoto contra a soidade para as persoas maiores
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou os maiores que participan nesta iniciativa no centro de Panxón, en Nigrán
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta semana os maiores que participan no programa Xuntos polo Nadal da Xunta de Galicia na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán. Durante o encontro sinalou que esta iniciativa é o mellor antídoto contra a soidade ao garantir que as persoas maiores teñan con quen pasar estas datas.
Ademais desta residencia de Panxón, tamén comezaron as actividades na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. Xuntos polo Nadal ofrece estadías 100% gratuítas, en réxime de pensión completa para persoas maiores que viven soas ou que non teñen con quen pasar estas datas. Esta primeira quenda estenderase ata o 29 de decembro.
A primeira quenda comezou este xoves e rematará o 29 de decembro mentres que a segunda quenda estenderase do 31 ao 7 de xaneiro
A segunda quenda comezará o 31 de decembro e estenderase ata o 7 de xaneiro. Os participantes contarán cun amplo programa de actividades entre as que se atopan ximnasia activa, actuacións musicais, bingo, sesións de cine, obradoiros e excursións por zonas próximas ao centro.
As persoas beneficiarias deben ter máis de 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego e vivir só no seu domicilio ou ter que pasar só as datas do Nadal. O programa permite unha estancia de oito días nunha destas dúas residencias, así como desprazamentos en autobús.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148