Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 16:46:37 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 25 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Os bombeiros de Pontevedra salvaron a vida de dous ocupantes do autobús siniestrado

Traballaron en circunstancias moi complicadas e perigosas pola crecida do río e as condicións climáticas

Imaxe do lugar da traxediaImaxe do lugar da traxedia

Catro persoas falecidas e dúas feridas, novo balance de vítimas do accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

Foron integrantes co Corpo de Bombeiros do parque municipal de Pontevedra  os que levaron a cabo o rescate das vítimas do autobús siniestrado durante a pasada noite de Nadal. Dúas dotación do Parque saíron cara a Cerdedo Cotobade en canto recibiron o aviso do 112-Galicia e súa chegada atoparon o autobús que se despeñara dende a pote ata o cauce do río e comezaron a inspección, tal e como relatou o cabo do parque de bombeiros de Pontevedra, César Lago, a TVG.

 

[Img #79407]

 

"O escenario era un autobús no medio do cauce do río cunha corrente e un caudal perigoso e elevado. Houbo que montar un sistema para poder descender ata o autobús e carlle asistencia á persoa que estaba viva, que ao final eran dúas as persoas vivas" sinalaba Lago.

 

Tras ser evacuados os feridos atopados continuaron co rescate dos corpos localizados nunhas condicións moi difíciles polo estado do río, a falta de luz e a inestabilidade do vehículo, feito polo cal se suspendían as labores ata esta mañá.

 

"Cando chegamos a auga estaba á altura do volante do vehículo, estábase metendo dentro do autobús facendo turbulencias e a medida que foi pasando o tempo foi crecendo o nivel de auga e o caudal ata que ao final case non había espazo para traballar. Despois das revisións que fixemos e ao non localizar a ninguén máis, unha vez que subiu o último rescatador suspedéronse os labores de busca ata esta mañá" segundo explicaba a Televisión de Galicia o cabo de garda César Lago.

 

Unha sexta persoa da pasaxe foi localizada sen vida por unha patrulla da Garda Civil de Tráfico augas abaixo do Lérez.

 

O equipo do Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia está preparado para realizar a recollida do corpo sen vida, co que ascende o número de falecidos a catro. Isto é, catro pasaxeiros falecidos e dúas persoas feridas, entre as que se atopaba o condutor do vehículo.

 

Deste xeito, avanza o operativo de busca, que esta mañá volvía organizar tras un parón durante a madrugada debido ás malas condicións: elevado caudal do río, moita corrente e o nivel de auga no interior do vehículo, que xa alcanzaba o teito.

 

Así, nas primeiras horas da mañá, reuníanse no lugar dos feitos, a N-541, en Pedre, os seguintes medios: Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Protección Civil de Cotobade, Grupo de Rescate en Altura e Acuático e GEAS da Garda Civil, Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cun Posto de Mando Avanzado, albergue e anfibio; Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio de Psicólogos de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia, Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.

 

Pouco tempo despois, eran precisamente os GEAS da Garda Civil quen atopou dentro do autobús á terceira vítima mortal. Máis tarde, tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico localizaba o cuarto falecido no río, augas abaixo do Lérez. Para a recollida deste corpo, botouse man dos rescatadores do Pesca I.

 

Convén lembrar que este accidente produciuse pasadas as nove da noite de onte, cando o autocar realizaba o traxecto entre Monterroso e Vigo.

 

[Img #79408]

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente segundo, Diego Calvo, achégase ao lugar no que un autobús caeu ao río Lérez a seu paso por Pedre

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.