Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 27 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

ASODIFISI recibe medio millón de euros para o centro de día O Son do Regueiro (Torroso)

A Xunta fixo públicas hoxe as dúas subvencións concedidas que suman 513.174,05 €

O Centro de Día O Son do Regueiro en TorrosoO Centro de Día O Son do Regueiro en Torroso

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas destinadas a entidades sociais para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade. Esta novidosa convocatoria está dotada de 13 millóns de euros e permitirá renovar a carteira de servizos promovido por estas entidades.

 

[Img #79443]

 

En Mos, a Asociación de Discapacidados Físicos e Psíquicos-Mos (ASODIFISI), recibirá no vindeiro ano 2023 a cifra de 228.756,34 €, que xunto aos 284.417,71 € recibidos neste ano (2022)  suma un total de 513.174,05 € que irán destinados a Creación do centro de día O Son do Regueiro que está a ser construido pola Comunidade de Montes de Torroso, na parroquia do mesmo nome.

 

Son dez as entidades e os proxectos beneficiados que recibirán un máximo de 2 millóns de euros para ampliar e mellorar os seus servizos. O período de realización das actuacións será do 1 de xaneiro do ano 2022 ao 30 de novembro do ano 2025. Entre as actuacións subvencionables está a adquisición de terreos para novas edificacións, o acondicionamento de inmobles ou a adquisición de novo equipamento.

 

O Goberno galego aprobou este mesmo ano un plan de investimentos para axudar tamén aos Concellos a renovar e crear novos centros de atención de titularidade municipal. Este plan está dotado de 18,5 millóns de euros e permite fortalecer a rede de centros dedicados á rede de atención a maiores con novas residencias, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais. No caso desta nova orde, as axudas irán destinadas a centros de carácter social vencellados tamén a atención á discapacidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.