GALICIA
Un novo estudo da Xunta para mellorar as condicións de saúde laboral das Redeiras
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) está a elaborar un estudo sobre as condicións de traballo das redeiras, no marco do que xa realizou recoñecementos médicos a estas traballadoras e visitou seus lugares de traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver un novo estudo de saúde laboral do traballo das redeiras. No que vai de ano xa completou as dúas primeiras fases consistentes en visitas aos lugares de traballo e aos recoñecementos médicos específicos que se realizaron a un cento de mulleres nos centros provinciais do Instituto na Coruña, Pontevedra e Lugo.
Acabadas estas fases de identificación de riscos e valoración do estado de saúde, durante 2023 procederase á análise dos indicadores máis relevantes para actualizar o estudo colectivo de saúde laboral e para desenvolver, tras coñecerse os seus resultados, actividades de sensibilización, información e formación a este colectivo para promover melloras a través de medidas preventivas no seu traballo cotiá.
O persoal de medicina e de enfermaría do traballo do Issga desprazouse á sede da asociación de redeiras de Malpica para testemuñar esta actividade laboral e as condicións de traballo do colectivo. O pasado novembro completáronse os recoñecementos médicos específicos en función dos riscos detectados a un total de 98 redeiras que traballan nos portos coruñeses de Cariño, Cedeira, Corme, Malpica, Porto do Son, e Portosín; nos de Cambados, Cangas e A Guardia, en Pontevedra; e no de Burela, en Lugo.
Como novidade, con respecto ao estudo realizado en anos anteriores incorporáronse ao recoñecemento médico cuestionarios con aspectos relacionados coa promoción da saúde laboral e o benestar no traballo, como a adhesión á dieta atlántica na alimentación, a actividade física segundo o criterio da OMS e un cuestionario xeral de saúde.
Tal e como especifican desde o Issga, “as doenzas que se manifestan están na súa maioría asociadas aos riscos ergonómicos: posturas forzadas, movementos repetitivos e manipulación manual de cargas”. Así as cousas, hai outras enfermidades relacionadas coas condicións de humidade do ambiente no que desenvolven o seu traballo e que poden provocar enfermidades profesionais infecciosas e parasitarias.
Con estas iniciativas preténdese visualizar as patoloxías profesionais do sector e os seus riscos laborais e propoñer, no seu caso, medidas preventivas para reducir os seus efectos sobre a saúde.
O Issga destaca a excelente acollida do colectivo que, xunto con outros da actividade de pesca e afíns, continuará sendo obxecto de actividade continua e preferente para o Instituto para tratar de reducir a sinistralidade laboral, incidir nunha mellor identificación das enfermidades profesionais e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das traballadoras e traballadores dun sector de gran importancia en Galicia.
O estudo enmárcase no plan de actuación 2022 do Issga que ten como un dos seus colectivos prioritarios de actuación ás mulleres redeiras, na necesidade de mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral dun colectivo integrado case na súa totalidade por mulleres traballadoras autónomas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148