Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 08:54:10 horas

Xornal21.es
Viernes, 30 de Diciembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Crea impulsan cinco proxectos audiovisuais galegos

Comeza unha fase de titorización que afondará nos procesos de creación, escritura e desenvolvemento dos proxectos

O xurado de Conecta Lab, o programa que desenvolven conxuntamente a Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA), seleccionou os cinco primeiros proxectos dos seis que participarán neste laboratorio de ideas para creadores e creadoras audiovisuais. Agora, a través de asesorías de guión e dirección, que serán impartidas por profesionais de gran prestixio no sector, procúrase impulsar e acompañar o proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series, un proceso que culminará coas “residencias” que terán lugar na Illa de San Simón ao longo do mes de abril de 2023. Estes primeiros encontros serán online e terán como obxectivo a preparación dos proxectos, así como a personalización da formación posterior.

 

O xurado, formado pola directora Ángeles Huerta, o director Álvaro Gago e o guionista Enrique Lojo, escolleu as obras de Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Irene Pin e Lidia Fraga e Jacobo Díaz. Todos os proxectos son galegos e entre as e os seleccionados mestúrase xente nova con profesionais máis consolidados/as.

 

Alexandre Cancelo (Vigo) presentou “Grimsey”, un proxecto de longametraxe de ficción que xoga co documental que nos lembra que “todos os camiños conducen a Grimsey”, unha pequena illa a 40 quilómetros e a parte habitada máis ao norte de Islandia. Pola súa banda, a miniserie de ficción “Normal”, de Jacobo Díaz (Vigo) e Lidia Fraga, sitúa ao espectador ante unha nai que se enfronta á dúbida de que seu fillo sexa psicópata, debaténdose entre o amor que sinte cara el e o medo a que lle faga dano a alguén, incluída a ela mesma. Iria Sobrado, presenta a longametraxe de ficción “Aguagym”, unha oda ás sorodidades na vellez que se centra na busca da identidade de seis mulleres camiño dos 70 anos, unha vez liberadas da carga dos coidados, e o espello no que mirarse da súa monitora, máis libre pero pechada nunha relación devastadora. A longametraxe de ficción “La idea de un hijo”, de Nacho Ozores, é o terceiro dos proxectos seleccionados e conta a historia de Iván, un actor sen traballo que non quere ter fillos mais a súa moza si que quere ser nai.. Por último, tamén foi seleccionada a longametraxe de ficción “Terás que saltar” de Irene Pin, un coming of age no que Eli, unha rapaza de 22 anos, terá que debaterse entre perseguir o seu soño e aceptar unha bolsa para irse a estudar cinema a Lisboa ou ficar coa súa vida normal en Compostela.

 

Conecta+
O sexto dos proxectos que participará neste laboratorio cultural será escollido entre o xurado e as produtoras participantes trala oitava xornada Conecta+, que terá lugar o vindeiro 21 de xaneiro no Pazo Provincial. Durante este día porase en marcha un espazo no que creadores e creadoras con proxectos audiovisuais en fase de desenvolvemento poderán entrar en contacto con produtoras, tanto galegas como do resto de España, que poidan estar interesadas en desenvolver eses proxectos, promovendo así a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución. Conecta + vai dirixido a un amplo abano de profesionais do audiovisual, tanto creadores e creadoras, directores e directoras e guionistas que están elaborando proxectos de cinema e televisión, como produtores e produtoras profesionais especializados na posta en marcha de produtos audiovisuais, interesados en atopar novos proxectos e profesionais cos que acudir conxuntamente ao mercado. As e os creadores audiovisuais que desexen participar poderán presentar os seus proxectos ata o 4 de xaneiro, e o 12 de xaneiro anunciaranse os seleccionados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.