SALVATERRA DE MIÑO
O BNG asegura que existe unha "Alerta epidemiolóxica en Salvaterra de Miño"
Segundo un comunicado emitido polo BNG "o 24 de decembro temos coñecemento por varias canles de que hai un número importante de persoas afectadas por gastroenterite que son atendidas no PAC de Ponteareas e que proveñen de Salvaterra de Miño".
As primeiras informacións -aseguran dende oi BNG- apuntan "a que un dos focos está no colexio Infante Felipe e que podería ter relación co feito de beber auga da traída, un servizo xestionado polo Concello de Salvaterra".
Dende o BNG piden información ao goberno do PP de Salvaterra de Miño, "o cal publica unha nota en redes negando a relación e sen facer ningún tipo de recomendación á veciñanza. Unha actitude irresponsable ante un problema de saúde pública" segundo afirman os nacionalistas.
"Dende este grupo, o luns 26 de decembro, comunicamos á veciñanza que existe unha alerta epidemiolóxica confirmada directamente coa xerencia do Sergas, aínda que non hai nada concluínte. Tamén pedimos por rexistro ao Concello as análises da auga do mes de decembro e solicitamos pola nosa conta unha análise independente para comprobar a potabilidade da auga na actualidade" explican.
Por último dende o BNG sinalan que "Isto sucede cando levamos meses sufrindo cortes de auga reiterados, falta de presión, auga marrón, mal cheiro, etc.. na auga da traída municipal xestionada polo Concello".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103