SALVATERRA DE MIÑO
O Goberno Galego autoriza a transferencia a prol da Xunta da rúa do Miño
Transfírese á Administración autonómica a rúa do Miño para garantir a continuidade da rede de estradas da Xunta entre a PO-510 e a ponte internacional
O Goberno galego autorizou esta semana o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol da Xunta da rúa do Miño, que une a estrada autonómica PO-510 coa ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monção, xa en Portugal.
A rúa do Miño é unha vía municipal de titularidade do Concello de Salvaterra de Miño, que comeza na glorieta do enlace entre as estradas autonómicas PO-403 e PO-510, discorre paralela á estrada PO-403 polo oeste, ata conectar coa ponte internacional sobre o río Miño, cuxa titularidade en territorio español ostenta formalmente desde o 2021 a Xunta.
Esta vía municipal ten unha lonxitude de 1.106 metros. A Xunta ten previsto executar unha actuación nesta rúa coa finalidade de ampliar as dimensións da calzada actual para que estea adaptada ao importante tránsito de vehículos que cruzan a diario a fronteira.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de acordo cos informes emitidos polos servizos da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra, formula a proposta favorable de transferencia da rúa do Miño, que exerce na actualidade unha función de conexión da rede de estradas da república portuguesa coa rede de estradas autonómica de Galicia, a través da ponte internacional de Salvaterra de Miño-Monção.
Unha vez se formalice o cambio de titularidade, a Xunta executará a obra de remodelación da rúa do Miño, para adecuala ao tránsito internacional que soporta, coas maiores garantías de seguridade para vehículos e veciños.
A previsión é licitar os traballos en 2023 cun investimento autonómico de 350.000 €.
Ao rematar as obras de ampliación proxectadas nesta rúa de titularidade transferiranse os aparcadoiros e beirarrúas resultantes, de novo, ao Concello de Salvaterra de Miño. Manteranse como de titularidade autonómica a calzada e as beiravías.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé a remodelación desta vía municipal para adecuala ao tránsito internacional coas maiores garantías de seguridade para vehículos e veciños
A transferencia da rúa Miño tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Este acordo do Executivo autonómico dálle o pulo definitivo á ordenación e racionalización da rede viaria do municipio de Salvaterra de Miño, tras terse formalizado nos últimos anos distintos acordos de cambio de titularidade de estradas autonómicas en favor do Concello, que se culmina agora coa transferencia a favor da Xunta da rúa do Miño, como eixe viario autonómico que recorre a marxe norte do Miño (PO-400 e PO-510), a estrada que comunica coa A-53 e Ponteareas (PO-403) e a ponte internacional.
Esta ponte tamén está a ser mellorada por parte da Xunta e de Portugal, cunha obra de rehabilitación estrutural xa finalizada, e coa previsión de que en 2023 se redacte o proxecto de ampliación da plataforma da ponte para poder implantar un carril bici.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103