Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 03 de Enero de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Os promotores da Plisan aproban a cesión da urbanización da zona loxístico empresarial ao Concello

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou por videoconferencia na comisión de seguimento da Plisan

Os promotores da Plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (Plisan) aprobaron na comisión de seguimento, celebrada a semana pasada, a cesión da urbanización da zona loxístico-empresarial ao Concello de Salvaterra de Miño, así como a entrega do aproveitamento urbanístico.

 

Con esta aprobación, dáse cumprimento á lexislación urbanística e de ordenación do territorio, que establece que son os promotores os encargados de facer entregar ao concello os terreos correspondentes ao viario público, zonas verdes, espazos libres e resto dos espazos destinados a equipamentos públicos. Ao igual que acontece coas obras de urbanización, co fin de que o municipio poida poñer en servizo a fase da área empresarial xa urbanizada.

 

Durante a reunión, na que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou por videoconferencia, tamén se acordou a entrega ao Concello das Neves do aproveitamento urbanístico, en base á superficie de terreos da Plisan localizados no seu termo municipal, e que supón o 29,25% da totalidade da área industrial.

 

Cómpre salientar que a Xunta, promotora da Plisan xunto á Autoridade Portuaria de Vigo e ao Consorcio Zona Franca de Vigo, prevé un orzamento de 1,64 millóns de euros para esta área empresarial, que representa a maior bolsa de solo industrial do sur de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.